Thursday 19 de September de 2024

Presentación do “Concerto solidario Callejeros” o sábado 31 na praza de España Ribeira 27 de Agosto de 2024


A concellería de Benestar Animal do Concello de Ribeira organiza, xunto ca colaboración de “Callejeros Barbanza” e Musieventos, un concerto solidario para concienciar á veciñanza e para recadar fondos para o coidado das colonias felinas.

Hoxe pola mañá a concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte presentou esta nova iniciativa que se vai levar a cabo o vindeiro sábado 31 na praza de España a partires das 21:00 h.
Antía comunicou que dende a concellería de Benestar Animal estase traballando arreo en liquidar toda a problemática xerada co tema das colonias felinas.

Situación dos cans, “sabemos que o benestar animal é en prol de tódolos animais, en especial cos cans; que se pode dicir que está nunha situación un pouco máis controlada pero polo que nos informan, este verán está habendo máis número de cans abandonados” salientou a concelleira.
Alberte informou que o maior problema ao que nos enfrontamos é cas colonias felinas. Os gatos teñen unha taxa de reprodución máis rápida, hai moitos focos que abordar ao longo das parroquias e tamén en Ribeira.

Formación de alimentadores “É certo que este ano estivemos castrando moitas das colonias, tamén estivemos facendo un curso de formación de alimentadores e obradoiros; eses alimentadores están en contacto directo ca concellería para o traslado de alimentos e posúen un carné de alimentador que os ampara de cara a problemas veciñais que podan ter”
O obxectivo da concellería é seguir castrando e solucionando os problemas para que as colonias cheguen a unha estabilidade, “para que a colonia chegue a ser unha auténtica colonia, e non unha praga que é o que está acontecendo, por iso precisamos de primeiras unha boa praxe; de que cada un dos veciños/as que este alimentando, coidando o teña un gato. Precisamos que a veciñanza teña conciencia de castrar aos gatos cando se debe para que isto non acabe sendo un problema coma o que estamos vendo agora”
Antía deu as grazas á labor que están a facer dende “Callejeros Barbanza” que é a principal entidade que está axudando á concellería para a captura dos gatos das colonias.

Falou da necesidade de recadar cartos para seguir desenvolvendo estas accións e tamén da concienciación cidadá que formará parte de este evento cun coloquio a partires das 21.30 h do vindeiro sábado. Tamén haberá un concerto de “Sinverjuergas” e unha sesión de “Dj.Antón” todo isto amplificado cun Musieventos que xunto cos artistas colaboran de forma desinteresada.
A conselleira animou á veciñanza a participar e a involucrarse xa que é un problema que temos que afrontar entres todos/as.

Día e hora: sábado 31 de agosto ás 21:00 h
Lugar: praza de España